luns, 6 de novembro de 2017

Torneando no EIM de PIÑEIROS



📌  Venres, día 10.


  Lembramos, o venres, estaremos no EIM de Piñeiros, cos nosos amigos mais  pequerrechos.  ....🌲

Torneando no CEIP, San Isidro, de Neda




Para ó 16/XI/2017,........ mais ......

       Estaremos alí..................donde??, pois, en esta ocasión, en NEDA.

No CEIP San Isidro, o Xoves día 16, votáremos toda a xornada, facendo  “virutas”, para motivar e intentar poñer en valor a artesanía da Madeira, por ende do Torneado artístico; os alumnos do San Isidro.
Pois, ata xoves, compañeiros . 




domingo, 5 de novembro de 2017

Torneando no CEIP Nicolás del Rio. Cedeira


5/XI/2017

➡  💁🏽 Que magoa .........
Temos que “suspender” esta colaboración; nos informan que a causa dunhas obras, do Concello nas istalacións do colexio, impiden esta colaboración, quedamos pendentes de nova planificación. Ata pronto, rapaces.😩😩

9-XI-2017
 O vindeiro Xoves día 9 de Novembro, iniciaremos as colaboracións cos colexios, no novo curso académico, 2017-2018. Neste caso farémolo no CEIP Nicolás del Rio, en Cedeira.
Estaremos torneando toda a xornada para os rapaces, en diferentes grupos; amosaremos as técnicas de torneado artístico da madeira, tratando de inculcar o cariño pola artesanía, para poñer en valor  a/as artesanía/s, para que estas non esmorrezan.


   ¡¡¡¡¡¡¡¡   Alí estaremos    !!!!!!!!
Faremos e vailaremos peonzas