martes, 8 de agosto de 2017

Feira de Artesanía en Etnoeume (A Capela)

O pasado 30 de Xullo estivemos na VI Feira Etnográfica da Comarca do Eume - Etnoeume (A Capela). Dende ATM Virutas queremos mandar o noso agradecemento polo trato recibido os nosos asociados e amigos, co gallo da colaboración do domingo. Todo foi moi positivo e destacamos o trato personal, a organización, as instalacións, ubicación e o entorno. Polo tanto poñemos a Asociación a vosa disposición para o que precisedes e para calquera tipo de colaboración. Quedamos encantados de coñecer a boa xente e comprometida co noso.