martes, 30 de maio de 2017

XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais no Feal

O pasado sábado 27 de Maio, o Concello de Narón celebrou nas instalacións do C.P.I do Feal, o XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, no que estivemos presentes.

Houbo práctica de xogos, construción de enredos, xogos musicais, artesáns, e diferentes demostraciones en vivo, entre outras a da Asociación de Torneiros da Madeira “Virutas”.

A continuación deixámosvos algunha imaxe do encontro.






Xornada no C.E.I.P "Ponte de Xuvia"

Como vos adiantabamos hai uns días, Adolfo Mira e Antonio Mera da Asociación de Torneiros da Madeira "Virutas" estiveron no CEIP Ponte de Xuvia, o longo da mañá do pasado venres. Deixámosvos unhas imaxes do acontecido.

Aproveitamos para agradecer ao director do centro D. Carlos Peña e tod@s @s mestres o trato recibido e o bonito agasallo que nos fixeron.







luns, 22 de maio de 2017

Venres 19 estivemos en "Dolce Vita Odeon"


O pasado venres, dentro dos actos organizados polo Centro Comercial "Dolce Vita Odeón" de Narón, o noso presidente Adolfo Mira realizou unha demostración de torneado de madeira desde as 19.30h. 

Segundo as súas palabras, "Encantado de participar ésta xornada, na que puiden achegar o mundo do torno a público de todas as idades".

¡Grazas á xerencia do C.C.Odeón por convidarnos!




mércores, 17 de maio de 2017

X Exposición itinerante "Contornos" e obradoiros abertos

A Asociación de Amigos da Madeira de "As Pontes" convidounos de novo a participar nos "Obradoiros Abertos" que terán lugar o día 3 de Xuño no local socio-cultural da fraga (Hexágono). Alí estaremos novamente encantados de acompañalos.


martes, 16 de maio de 2017

O 29 de Maio estaremos no C.E.I.P Ponte de Xuvia


O vindeiro luns, día 29 de Maio, a Asociación de Torneiros da Madeira "Virutas" estará no CEIP Ponte de Xuvia o longo da mañá, para acercar o mundo do torno os pequenos e non tan pequenos. Desexamos que esta experiencia sexa moi enriquecedora para tod@s.