luns, 19 de xuño de 2017

Encontro Interxeracional Narón 2017

Como xa os habíamos adiantado, onte estivemos no Encontro Municipal Interxeraxional organizado pola Concellería de promoción Social do Concello de Narón e a colaboración do Movimiento Asociativo de Narón. As actividades tiveron lugar no Paseo Marítimo de Xuvia, entre as 11h e as 19.30h, nun día de luxo acompañados polo bo tempo. Entre as diferentes actividades que se levaron a cabo estiveron as demostracións de torneado da nosa Asociación ATMVirutas.


mércores, 14 de xuño de 2017

II Feira de Artesanía "DA GRAÑA AO MAR"

Asociación de Veciños da Graña organiza o 17 de Xuño, no peirao, a segunda edición da "Feira da Graña ao Mar", que incluirá, entre outras actividades, unha exhibición de torneado a cargo da nosa asociación.

Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que o Domingo 18 de Xuño gravaremos ca TVGA para o programa "Xente con Oficio".

Aquí deixámosvos o programa da xornada.



luns, 12 de xuño de 2017

18 de Xuño estaremos no "Encontro Municipal Interxeracional"

O vindeiro domingo 18 de Xuño estaremos presentes no "Encontro Municipal Interxeracional" organizado polo concello de Narón, no Paseo Marítimo de Xuvia. A continuación deixámosvos o programa da xornada.

Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que ese mesmo día gravaremos ca TVGA para o programa "Xente con Oficio".




mércores, 7 de xuño de 2017

Convocadas o 10 e 11 de Xuño dúas Xornadas Formativas

A nosa Asociación ven a convocar o próximo fin de semana dúas xornadas formativas que pasamos a detallarvos:

XORNADA de TORNEADO da Madeira. Iniciación/Homoxenización

Fecha: SÁBADO 10 de XUÑO.
Horario: De 10 a 13.30h.
Lugar: NAVE DE CANAIMA
Prezo: 20 €. 
Forma de Pago: Por adiantado en CANAIMA ata Venres 9, o máis tardar.

Plazas limitadas. Terán PRIORIDADE aqueles que se rexistren en CANAIMA.



XORNADA de AFIADO. Torneado da Madeira

Fecha: DOMINGO 11 de XUÑO.
Horario: De 10 a 13.00h.
Lugar: NAVE DE CANAIMA
Prezo Socios: 20 €.
Prezo Resto: 30 €. 
Forma de Pago: Por adiantado en CANAIMA ata o Venres 9, o máis tardar.

Plazas limitadas. Terán PRIORIDADE os Socios de ATM Virutas




luns, 5 de xuño de 2017

Obradoiros abertos en As Pontes

O pasado fin de semana e por segundo ano consecutivo, fomos invitados pola Asociación de Amigos da Madeira de "As Pontes", os Obradoiros Abertos que tiveron lugar na sala de Hexágono.

Deixamosvos algunhas fotos das xornadas. O noso máis profundo agradecimiento pola invitación o evento.