venres, 30 de setembro de 2016

Ubicación do I ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA "VIRUTAS"

Queridos amigos e amigas, xa queda menos para o evento do ano. A continuación deixámosvos un plano guía para atopar o lugar no que se celebrarán as xornadas. Deixámosvos tamén as coordenadas GPS.

Latitud: 43.498649 y Longitud: -8.211788


Para os que vides pola AP-9 (dende A Coruña) lembrarvos que debedes tomar a saída 36F e na rotonda coller a cuarta saída. Os que vides pola FE-13, en calquera das dúas direccións, debedes chegar ata a rotonda na que se toma a AP-9 e alí coller a primeira (orixe Ferrol) ou terceira saída (orixe As Pontes/Catabóis). 

xoves, 29 de setembro de 2016

I ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA "VIRUTAS"

Os próximos 7 e 8 de Outubro, a nosa asociación organiza, en Ferrol, o "I Encontro de Torneiros dá Madeira Virutas". Dúas xornadas que celebrarán no marco da IV Feira de Maquinaria que organiza Ferraxería Canaima. Deixámosvos o cartel promocional do evento, que ten unha ligazón á páxina web de Canaima, onde tedes información sobre horarios e localización. 

http://www.canaima.es/index.php/noticias/79-iv-feria-de-maquinaria


martes, 27 de setembro de 2016

O XVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en imaxes

Este pasado fin de semana tivo lugar o "XVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira" en Xermade (Lugo). Torneiros da nosa Asociación estiveron presentes nas tres xornadas. Algunha das pezas que mostramos ao final foron feitas por nós. Unha experiencia moi gratificante, pero para que contarvos máis cando podemos ensinarvos unhas imaxes do acontecido.


luns, 12 de setembro de 2016

Sábado 17 Setembro Convocatoria de Xuntanza Extraordinaria

Convocase os membros de ATM Virutas para o vindeiro sábado 17 de Setembro a Xuntanza Extraordinaria que terá lugar na Nave de Canaima no Camiño de Basanta s/n as 11:30h.

Orde do día
  1. Solicitude/confirmación de Socios, xestión, cuota, etc.
  2. Necesidades formativas. Diferentes opcións.
  3. Información sobre o "I Encontro de Torneiros da Madeira Virutas".
  4. Outros temas de interese.
  5. Dudas/aclaracións sobre torneado.
Hora de remate: 14:00h.
Entrada libre. Estades invitados todos os que vos apeteza asistir.
Nota: Con posterioridade a esta xuntanza soio se convocará os asociados.

Unha aperta,
Adolfo Mira.
Presidente de ATM Virutas. 

xoves, 8 de setembro de 2016

XVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira

Os vindeiros 23, 24 e 25 de Setembro terá lugar en Xermade (Lugo) o XVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira. Estarán presentes torneiros da nosa Asociación. Deixámosvos a continuación o cartel das xornadas que fai de ligazón ca web onde figura o programa completo cos horarios e os contidos.


 Calendario, horarios e contidos 2016