xoves, 13 de outubro de 2016

Celebramos o "I ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA VIRUTAS"

O pasado fin de semana celebrouse en Ferrol o “I Encontro de Torneiros da Madeira Virutas”. Tanto a xornada do venres como a do sábado tiveron unha gran afluencia de público, que mostrou moito interese nesta profesión artesanal tan antiga. Nesta primeira imaxe podedes ver os membros da organización momentos antes do inicio do evento.


Entre os participantes deste primeiro encontro, tivemos o pracer de contar con membros da "Asociación de Amigos da Madeira de As Pontes". Estiveron torneando e creando gran expectación entre xente de todas as idades. Un auténtico luxo velos en acción.


Tamén tivemos a oportunidade de contar neste primeiro encontro co torneiro profesional Xabier Martín (TAXUS) que nos deleitou con varias impresionantes demostracións. Ao seu lado Pablo Pérez da nosa Asociación.


Por último deixámosvos unha imaxe das pezas que estiveron expostas nas dúas xornadas. Ademáis das achegadas polos nosos asociados, tambien expuxeron torneiros da "Asociación de Amigos da Madeira de As Pontes" e o torneiro profesional Xabier Martín (TAXUS).