xoves, 28 de xullo de 2016

Nosa asociación presente no "Oenach Atlántico 2016" en Sedes



Oenach Atlántico de Sedes alcanza este ano a súa décimo oitava edición, que se trata dunha Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014. 

Os veciños de Sedes tratan de manter en pé esta celebración coa que se aposta por recuperar e dar a coñecer a tradición e cultura galegas entre a veciñanza e os visitantes.
 
O programa do Oenach comezará o día 29 ás 21.00 horas, coa recreación do renacemento do Lume Novo Solsticial na Aldea Castrexa, na zona das pallozas localizadas no Trece. Esta actividade permitirá inaugurar oficialmente o evento, cun prendido de lume e a lectura dun texto que marcan cada ano o inicio do Oenach. Ás 22.00 horas terá lugar un concerto a cargo do grupo galego de cantareiras e pandereteiras Leilía no marco da Noite de Música Galiciana.
 
Algúns dos nosos asociados estarán "facendo virutas" os días 30 e 31 a partires das 11 da mañá.

venres, 8 de xullo de 2016

Oenach Atlántico Sedes 2016


Do 29 ao 31 de Xullo Sedes celebrará unha das súas citas culturais más importantes: o Oenach Atlántico 2016. A XVIII edición desta Festa de Interese Turístico de Galicia contará cun completo e variado programa de actividades con teatro, música tradicional galega e varios obradoiros. ATMVirutas estará presente neles.

O programa comezará o día 29, ás 21:00 horas, coa recreación do renacemento do Lume Novo Solsticial na Aldea Castrexa, na zona das pallozas localizadas no Trece. O evento inaugurarase cun prendido de lume e a lectura dun texto que marcan cada ano o inicio do Oenach. Ás 22:00 horas terá lugar un concerto a cargo do grupo de cantareiras e pandereteiras Leilía.

Na xornada do 30 de Xullo na Campa castrexa abrirá o Mercadiño artesán e tamén se poderán ver unha Mostra de artesanía de cerámica e haberá demostracións en vivo de artesáns elaborando distintos produtos na área da campa.

martes, 5 de xullo de 2016

As pasadas "Xornadas Formativas" en imaxes

Como xa vos comentamos no anterior artigo, o pasado xoves 30 de Xuño e sábado 2 de Xullo tiveron lugar, nas instalacións cedidas por Canaima, as primeiras "Xornadas Formativas" de torneado de madeira. Deixámosvos a continuación unha reportaxe gráfica de como discorreron ditas xornadas da man do mestre Adolfo Mira.

Comenzamos a xornada cunha parte teórica
Nun ambiente distendido e participativo

Facendo as primeiras virutas...
Sempre tomando a seguridade como algo primordial

Gran acollida por parte dos asistentes