venres, 24 de febreiro de 2017

As xornadas no C.E.I.P de O FEAL

Meu agradecemento a estos xovenes tan encantadores que fan que estas actividades sean tan satisfactorias para min. A miña máis sincera consideración. ¡GRACIAS!


Recoñecemento especial a Victor, pola súa constante atención e axuda. Igualmente polas súas aportacións, que seguro darán froito en outras futuras colaboracións.


A todos Grazas pola acollida e por este precioso agasallo.
Adolfo.




venres, 17 de febreiro de 2017

O vindeiro venres estaremos no C.E.I.P de O FEAL


Con motivo das festas de entroido e a petición do centro educativo, o vindeiro venres estaremos no C.E.I.P de O FEAL, facendo un taller de torneado para nenos e nenas de 1º a 4º. Estenderase ao longo de toda a mañá. ¡Seguro que imos gozar unha chea!


mércores, 1 de febreiro de 2017

C.E.I.P de Piñeiros. Unha imaxe vale máis que mil palabras


Como vos adiantabamos, os pasados 19 e 20 de xaneiro, o presidente da nosa asociación organizou uns cursos para os alumnos do C.E.I.P de Piñeiros. Unhas xornadas cuns artistas incribles. Graciñas pola atención e cariño amosado.