luns, 16 de maio de 2016

Recibiunos a Concelleira de Cultura de Narón

A semana pasada recibiunos a Concelleira de Cultura do Concello de Narón, Marián Ferreiro. Explicámoslle que a "Asociación de Torneiros da Madeira Viruras" inicia a súa actividade e como poden inscribirse os interesados en pertencer a ela.

Ferreiro resaltou a importancia de apostar por manter vivas este tipo de profesións, moi vinculadas á economía da Galicia de hai uns anos e das que na actualidade poténciase en moitos casos o seu traballo de elaboración de pezas de madeira artesanal e únicas, o que lles confire un valor engadido.

venres, 13 de maio de 2016

A nosa asociación nos principais medios de comunicación

Estes días os principais medios de comunicación, tanto en su versión dixital como tradicional, fixéronse eco do nacemento da Asociación de Torneiros da Madeira Virutas. Aquí deixámosvos as ligazóns aos artigos publicados (picando na foto podedes acceder ao contido completo da noticia). Grazas polo apoio e agarimo que nos dispensastes.


xoves, 12 de maio de 2016

Visitounos a Asociación de Amigos da Madeira de As Pontes

Fai uns días tivemos o pracer de recibir nas nosas instalacións a visita da Asociación de Amigos da Madeira de As Pontes. Nesta xuntanza falamos, entre outras cousas, de futuras colaboracións en eventos e sinerxias en formación. Neste caso foi Pablo Pérez o que inmortalizou a ocasión.
 
Adolfo Mira, Juan Carlos Pajón e Miguel Rebaque cos membros da Asociación de As Pontes
Nesta xuntanza tamén convidáronnos ós "Obradoiros Abertos" que terán lugar no local socio-cultural da fraga (Hexágono) o próximo 4 de Xuño.


As primeiras "Virutas" nas instalacións da asociación

Adolfo Mira, presidente da ATM VIRUTAS, fai unha pequena demostración diante dos primeiros asociados, nas instalacións cedidas por CANAIMA.

Imos ca primeira peza...
¿Sabedes o que é isto? ¡Que non falte o sentido do humor!
Segunda pasada...
¡Veña que case rematamos!

Presentación da Asociación de Torneiros da Madeira "VIRUTAS"

O pasado 23 de Abril tivo lugar nas instalacións da Ferraxería CANAIMA a presentación da ASOCIACIÓN de TORNEIROS da MADEIRA "VIRUTAS". Deixámosvos algunha imaxe da xuntanza nas que se pode ver á xunta directiva e parte dos seus primeiros asociados.

Membros da Xunta Directiva da ATM "Virutas"
Os primeiros Asociados ca Xunta Directiva