luns, 6 de novembro de 2017

Torneando no EIM de PIÑEIROS



📌  Venres, día 10.


  Lembramos, o venres, estaremos no EIM de Piñeiros, cos nosos amigos mais  pequerrechos.  ....🌲

Torneando no CEIP, San Isidro, de Neda




Para ó 16/XI/2017,........ mais ......

       Estaremos alí..................donde??, pois, en esta ocasión, en NEDA.

No CEIP San Isidro, o Xoves día 16, votáremos toda a xornada, facendo  “virutas”, para motivar e intentar poñer en valor a artesanía da Madeira, por ende do Torneado artístico; os alumnos do San Isidro.
Pois, ata xoves, compañeiros . 




domingo, 5 de novembro de 2017

Torneando no CEIP Nicolás del Rio. Cedeira


5/XI/2017

➡  💁🏽 Que magoa .........
Temos que “suspender” esta colaboración; nos informan que a causa dunhas obras, do Concello nas istalacións do colexio, impiden esta colaboración, quedamos pendentes de nova planificación. Ata pronto, rapaces.😩😩

9-XI-2017
 O vindeiro Xoves día 9 de Novembro, iniciaremos as colaboracións cos colexios, no novo curso académico, 2017-2018. Neste caso farémolo no CEIP Nicolás del Rio, en Cedeira.
Estaremos torneando toda a xornada para os rapaces, en diferentes grupos; amosaremos as técnicas de torneado artístico da madeira, tratando de inculcar o cariño pola artesanía, para poñer en valor  a/as artesanía/s, para que estas non esmorrezan.


   ¡¡¡¡¡¡¡¡   Alí estaremos    !!!!!!!!
Faremos e vailaremos peonzas 

martes, 31 de outubro de 2017

Torneando no EIM PIÑEIROS

************10 do Novembro do 2017************

➤ Damos continuidade o noso calendario de demostracións de torneado da Madeira; nesta  ocasión, repetimos, cos  nosos amigos/as do cole de Piñeiros, que tanto cariño nos deron, todo o equipo, tanto meniños  como grandes.  Esta vez nos vamos a superar, vai ser unha pasada, imos virutear a tope, para os nosos amigos.
Ata o venres. 🤹‍♀️🌲



📌📌📌📌📌📌Alí estaremos 📌📌📌📌📌📌


luns, 18 de setembro de 2017

II ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA "VIRUTAS"

Aquí deixámosvos o cartel do II ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA "VIRUTAS" que celebrarase os días 6 e 7 de Outubro na Nave de Ferretería Canaima en Ferrol

Tedes información actualizada do evento na nosa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/atmvirutas/


martes, 8 de agosto de 2017

Feira de Artesanía en Etnoeume (A Capela)

O pasado 30 de Xullo estivemos na VI Feira Etnográfica da Comarca do Eume - Etnoeume (A Capela). Dende ATM Virutas queremos mandar o noso agradecemento polo trato recibido os nosos asociados e amigos, co gallo da colaboración do domingo. Todo foi moi positivo e destacamos o trato personal, a organización, as instalacións, ubicación e o entorno. Polo tanto poñemos a Asociación a vosa disposición para o que precisedes e para calquera tipo de colaboración. Quedamos encantados de coñecer a boa xente e comprometida co noso.








luns, 24 de xullo de 2017

XVII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira

Os vindeiros 22, 23 e 24 de Setembro celebrarase o "XVII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira" en Xermade (Lugo). Un ano máis alí estaremos.  Deixamosvos o cartel de presentación e o programa das tres xornadas.








venres, 14 de xullo de 2017

Etno Eume VI

O próximo 30 de Xullo estaremos na VI edición da Feira Etnográfica do Eume que este ano se celebra en O Pazo (A Capela). A continuación deixámosvos unha pequena presentación do evento e o programa da xornada.



luns, 19 de xuño de 2017

Encontro Interxeracional Narón 2017

Como xa os habíamos adiantado, onte estivemos no Encontro Municipal Interxeraxional organizado pola Concellería de promoción Social do Concello de Narón e a colaboración do Movimiento Asociativo de Narón. As actividades tiveron lugar no Paseo Marítimo de Xuvia, entre as 11h e as 19.30h, nun día de luxo acompañados polo bo tempo. Entre as diferentes actividades que se levaron a cabo estiveron as demostracións de torneado da nosa Asociación ATMVirutas.


mércores, 14 de xuño de 2017

II Feira de Artesanía "DA GRAÑA AO MAR"

Asociación de Veciños da Graña organiza o 17 de Xuño, no peirao, a segunda edición da "Feira da Graña ao Mar", que incluirá, entre outras actividades, unha exhibición de torneado a cargo da nosa asociación.

Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que o Domingo 18 de Xuño gravaremos ca TVGA para o programa "Xente con Oficio".

Aquí deixámosvos o programa da xornada.



luns, 12 de xuño de 2017

18 de Xuño estaremos no "Encontro Municipal Interxeracional"

O vindeiro domingo 18 de Xuño estaremos presentes no "Encontro Municipal Interxeracional" organizado polo concello de Narón, no Paseo Marítimo de Xuvia. A continuación deixámosvos o programa da xornada.

Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que ese mesmo día gravaremos ca TVGA para o programa "Xente con Oficio".




mércores, 7 de xuño de 2017

Convocadas o 10 e 11 de Xuño dúas Xornadas Formativas

A nosa Asociación ven a convocar o próximo fin de semana dúas xornadas formativas que pasamos a detallarvos:

XORNADA de TORNEADO da Madeira. Iniciación/Homoxenización

Fecha: SÁBADO 10 de XUÑO.
Horario: De 10 a 13.30h.
Lugar: NAVE DE CANAIMA
Prezo: 20 €. 
Forma de Pago: Por adiantado en CANAIMA ata Venres 9, o máis tardar.

Plazas limitadas. Terán PRIORIDADE aqueles que se rexistren en CANAIMA.



XORNADA de AFIADO. Torneado da Madeira

Fecha: DOMINGO 11 de XUÑO.
Horario: De 10 a 13.00h.
Lugar: NAVE DE CANAIMA
Prezo Socios: 20 €.
Prezo Resto: 30 €. 
Forma de Pago: Por adiantado en CANAIMA ata o Venres 9, o máis tardar.

Plazas limitadas. Terán PRIORIDADE os Socios de ATM Virutas




luns, 5 de xuño de 2017

Obradoiros abertos en As Pontes

O pasado fin de semana e por segundo ano consecutivo, fomos invitados pola Asociación de Amigos da Madeira de "As Pontes", os Obradoiros Abertos que tiveron lugar na sala de Hexágono.

Deixamosvos algunhas fotos das xornadas. O noso máis profundo agradecimiento pola invitación o evento.










martes, 30 de maio de 2017

XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais no Feal

O pasado sábado 27 de Maio, o Concello de Narón celebrou nas instalacións do C.P.I do Feal, o XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, no que estivemos presentes.

Houbo práctica de xogos, construción de enredos, xogos musicais, artesáns, e diferentes demostraciones en vivo, entre outras a da Asociación de Torneiros da Madeira “Virutas”.

A continuación deixámosvos algunha imaxe do encontro.






Xornada no C.E.I.P "Ponte de Xuvia"

Como vos adiantabamos hai uns días, Adolfo Mira e Antonio Mera da Asociación de Torneiros da Madeira "Virutas" estiveron no CEIP Ponte de Xuvia, o longo da mañá do pasado venres. Deixámosvos unhas imaxes do acontecido.

Aproveitamos para agradecer ao director do centro D. Carlos Peña e tod@s @s mestres o trato recibido e o bonito agasallo que nos fixeron.







luns, 22 de maio de 2017

Venres 19 estivemos en "Dolce Vita Odeon"


O pasado venres, dentro dos actos organizados polo Centro Comercial "Dolce Vita Odeón" de Narón, o noso presidente Adolfo Mira realizou unha demostración de torneado de madeira desde as 19.30h. 

Segundo as súas palabras, "Encantado de participar ésta xornada, na que puiden achegar o mundo do torno a público de todas as idades".

¡Grazas á xerencia do C.C.Odeón por convidarnos!




mércores, 17 de maio de 2017

X Exposición itinerante "Contornos" e obradoiros abertos

A Asociación de Amigos da Madeira de "As Pontes" convidounos de novo a participar nos "Obradoiros Abertos" que terán lugar o día 3 de Xuño no local socio-cultural da fraga (Hexágono). Alí estaremos novamente encantados de acompañalos.


martes, 16 de maio de 2017

O 29 de Maio estaremos no C.E.I.P Ponte de Xuvia


O vindeiro luns, día 29 de Maio, a Asociación de Torneiros da Madeira "Virutas" estará no CEIP Ponte de Xuvia o longo da mañá, para acercar o mundo do torno os pequenos e non tan pequenos. Desexamos que esta experiencia sexa moi enriquecedora para tod@s. 



venres, 24 de febreiro de 2017

As xornadas no C.E.I.P de O FEAL

Meu agradecemento a estos xovenes tan encantadores que fan que estas actividades sean tan satisfactorias para min. A miña máis sincera consideración. ¡GRACIAS!


Recoñecemento especial a Victor, pola súa constante atención e axuda. Igualmente polas súas aportacións, que seguro darán froito en outras futuras colaboracións.


A todos Grazas pola acollida e por este precioso agasallo.
Adolfo.




venres, 17 de febreiro de 2017

O vindeiro venres estaremos no C.E.I.P de O FEAL


Con motivo das festas de entroido e a petición do centro educativo, o vindeiro venres estaremos no C.E.I.P de O FEAL, facendo un taller de torneado para nenos e nenas de 1º a 4º. Estenderase ao longo de toda a mañá. ¡Seguro que imos gozar unha chea!


mércores, 1 de febreiro de 2017

C.E.I.P de Piñeiros. Unha imaxe vale máis que mil palabras


Como vos adiantabamos, os pasados 19 e 20 de xaneiro, o presidente da nosa asociación organizou uns cursos para os alumnos do C.E.I.P de Piñeiros. Unhas xornadas cuns artistas incribles. Graciñas pola atención e cariño amosado.

xoves, 12 de xaneiro de 2017

19 e 20 de Xaneiro Cursos no C.E.I.P de Piñeiros


Os vindeiros 19 e 20 de Xaneiro, o presidente da nosa asociación, Adolfo Mira, organizará 9 cursos para os alumnos do C.E.I.P de Piñeiros

Tamén estanse a iniciar as primeras xestións para organizar un posible curso con Xavier Martín (Taxus). Todo esto dependerá da demanda, disponibilidad, etc. Manterémosvos informados por esta canle.