mércores, 29 de xuño de 2016

Xoves 30 de Xuño e Sábado 2 de Xullo: "Xornadas Formativas de Torneado"

Os vindeiros Xoves 30 de Xuño e Sábado 2 de Xullo teremos senllas "Xornadas Formativas de Torneado". Ditas sesións serán impartidas polo mestre Adolfo Mira. Para máis información non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do apartado de contacto ou preguntando en CANAIMA.

luns, 27 de xuño de 2016

Gran éxito de participación na "I FESTA DO XOGO"

O Parque de Freixeiro acolleu, o pasado sábado, a I Festa do Xogo organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón. A convocatoria, estivo dirixida aos nenos e ás súas familias e desenvolveuse entre as 17 e as 20 horas cun completo programa de actos lúdicos e didácticos.

A nosa Asociación participou activamente na convocatoria, cunha mostra de pezas de madeira e a construción, durante a tarde, de peóns, billardas e birlos ao canteiro, con torno e machada. Os máis pequenos poideron levar de agasallo algunha das pezas que fixemos durante a xornada. Deixámosvos un resumo en imaxes da nosa participación.


venres, 17 de xuño de 2016

Sábado 25 de Xuño estaremos na "I FESTA DO XOGO"

O Sábado 25 de Xuño estaremos na "I Festa do Xogo", organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón, no parque de Freixeiro.O horario derá de 17 a 20h. Os deixamos unha imaxe co programa de actos.



luns, 13 de xuño de 2016

Resumo da nosa estancia no V Encontro Interxeracional de Narón

Os deixamos un resumo en imaxes da nosa participación na V Edición do Encontro Interxeracional Municipal. Desenvólveuse desde as 11.00 horas da mañá deste domingo na zona do paseo marítimo de Xuvia, en Narón. Un milleiro de veciños e veciñas das diferentes parroquias e barrios de Narón secundaron esta tradicional cita, na que se programaron varias actividades festivas. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, acudiron á convocatoria xunto con representantes dos grupos da corporación local e agradeceron a participación dos diferentes colectivos e dos particulares.

 

mércores, 8 de xuño de 2016

Domingo 12 de Xuño estaremos no "V Encontro Interxeracional do Concello de Narón"


Como xa sabedes o próximo domingo 12 de Xuño estaremos presentes  na "V Edición do Encontro Interxeracional Municipal do Concello de Narón". Terá lugar no Paseo Marítimo de Xuvia,  en horario de 11 a 14h e de 16 a 19h. Durante a xornada haberá xogos, inchables infantís, exposicións e demostracións en vivo de artesanía.

Programa da xornada
11:00h - Chegada dos participantes.
11:15h - Demostración de actividades.
13:30h - Agradecementos.
14:00h - Tempo para xantar.
16:00h - Baile.
17:30h - Demostración de actividades. 
18:00h - Baile.
19:30h - Regreso.

Máis información na seguinte ligazón.

luns, 6 de xuño de 2016

Sábado 4 de Xuño. Obradoiros abertos en imaxes

Como xa vos fomos anunciando, desde hai unhas semanas, este sábado estivemos presentes nos "Obradoiros Abertos" organizados pola "Asociacion de Amigos da Madeira de As Pontes" na sala Hexágono. 
Foi unha magnifica xornada na que compartimos experiencias e recibimos a calor do público que nos visitou. ¡Grazas de novo amigos por convidarnos! E como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí deixámosvos un resumo gráfico do acontecido ao longo do día.

 

xoves, 2 de xuño de 2016

Sábado 4 Xuño estaremos nos obradoiros abertos en "As Pontes"

 
Como xa sabedes, o vindeiro sabado día 4 de Xuño, estamos convidados, pola "Asociación de Amigos da Madeira de As Pontes", os "Obradoiros Abertos" que terán lugar no local socio-cultural da Fraga (Hexágono). Estaremos dende as 11 ata as 20h facendo demostracións de pequenas pezas.