venres, 2 de decembro de 2016

Xoves 1 de Decembro estivemos en Maniños

Como vos habíamos adiantado hai uns días, este xoves, o Presidente de ATMVirutas, Adolfo Mira, estivo no CEIP "Os Casais" de Maniños. Unha experiencia moi enriquecedora na que se axudaron mutuamente.


¡Que boa xente...pequenos e grandes! ¡Ata a próxima, volveremos cando queirades! Moitas grazas polo agarimo demostrado e polo agasallo...un novo trofeo para a nosa asociación.


luns, 28 de novembro de 2016

Xornada no CEIP "Os Casais"


Este Xoves 1 de Decembro estaremos facendo demostracións en vivo e directo en Maniños, no CEIP "OS CASAIS". Con nen@s de tres a trece anos. Dende as 9:00 as 14:00 horas. Contaremos ca colaboración e apoio do equipo de mestres e técnicos.
 
¡Alí estaremos...encantados! 

martes, 15 de novembro de 2016

Xornada na escola infantil municipal de Piñeiros

O pasado venres 11 de Novembro, entre as 9 e 12 da mañá, o Presidente da nosa Asociación, Adolfo Mira, desplazouse á Escola Infantil Municipal de Piñeiros para unha xornada de acercamento dos nenos e nenas o mundo do torneado.

Según as súas palabras "Foi unga experiencia incríble. Moitos nen@s e moitas peonzas. Entrañables mestres e persoal. Me quedo con eles." O rato foi a estrela do día...e segue vivo e enteiro ;-)

Adolfo agradeceu de corazón o regalo que lle fixeron os alumnos (Viruteando). Agradecemos tamén á Escola pola súa disposición, amabilidade e trato recibido.


mércores, 2 de novembro de 2016

Xornadas no I.E.S Punta Candieira de Cedeira

Os pasados 27 e 28 de Outubro estivemos no I.E.S Punta Candieira de Cedeira. Se fixeron oito grupos con preto de 200 alumnos da ESO e BAC. 

Queremos expresar noso agradecemento a dirección e mestres, xa que co seu apoio e asistencia fixeron posible a realización das xornadas. É unha satisfacción e orgullo haber podido compartir estos momentos tan intensos con estos profesionais animosos e orgullosos da súa actividade. Tamén queremos salientar o cariño, respeto e ánimo dos alumnos.

Quedo enganchado o seu proxecto educativo, e contarán conmigo e a Asociación que represento para canto necesiten. 

Unha afectuosa aperta.
Adolfo Mira.

xoves, 13 de outubro de 2016

Celebramos o "I ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA VIRUTAS"

O pasado fin de semana celebrouse en Ferrol o “I Encontro de Torneiros da Madeira Virutas”. Tanto a xornada do venres como a do sábado tiveron unha gran afluencia de público, que mostrou moito interese nesta profesión artesanal tan antiga. Nesta primeira imaxe podedes ver os membros da organización momentos antes do inicio do evento.


Entre os participantes deste primeiro encontro, tivemos o pracer de contar con membros da "Asociación de Amigos da Madeira de As Pontes". Estiveron torneando e creando gran expectación entre xente de todas as idades. Un auténtico luxo velos en acción.


Tamén tivemos a oportunidade de contar neste primeiro encontro co torneiro profesional Xabier Martín (TAXUS) que nos deleitou con varias impresionantes demostracións. Ao seu lado Pablo Pérez da nosa Asociación.


Por último deixámosvos unha imaxe das pezas que estiveron expostas nas dúas xornadas. Ademáis das achegadas polos nosos asociados, tambien expuxeron torneiros da "Asociación de Amigos da Madeira de As Pontes" e o torneiro profesional Xabier Martín (TAXUS).


venres, 30 de setembro de 2016

Ubicación do I ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA "VIRUTAS"

Queridos amigos e amigas, xa queda menos para o evento do ano. A continuación deixámosvos un plano guía para atopar o lugar no que se celebrarán as xornadas. Deixámosvos tamén as coordenadas GPS.

Latitud: 43.498649 y Longitud: -8.211788


Para os que vides pola AP-9 (dende A Coruña) lembrarvos que debedes tomar a saída 36F e na rotonda coller a cuarta saída. Os que vides pola FE-13, en calquera das dúas direccións, debedes chegar ata a rotonda na que se toma a AP-9 e alí coller a primeira (orixe Ferrol) ou terceira saída (orixe As Pontes/Catabóis). 

xoves, 29 de setembro de 2016

I ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA "VIRUTAS"

Os próximos 7 e 8 de Outubro, a nosa asociación organiza, en Ferrol, o "I Encontro de Torneiros dá Madeira Virutas". Dúas xornadas que celebrarán no marco da IV Feira de Maquinaria que organiza Ferraxería Canaima. Deixámosvos o cartel promocional do evento, que ten unha ligazón á páxina web de Canaima, onde tedes información sobre horarios e localización. 

http://www.canaima.es/index.php/noticias/79-iv-feria-de-maquinaria


martes, 27 de setembro de 2016

O XVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en imaxes

Este pasado fin de semana tivo lugar o "XVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira" en Xermade (Lugo). Torneiros da nosa Asociación estiveron presentes nas tres xornadas. Algunha das pezas que mostramos ao final foron feitas por nós. Unha experiencia moi gratificante, pero para que contarvos máis cando podemos ensinarvos unhas imaxes do acontecido.


luns, 12 de setembro de 2016

Sábado 17 Setembro Convocatoria de Xuntanza Extraordinaria

Convocase os membros de ATM Virutas para o vindeiro sábado 17 de Setembro a Xuntanza Extraordinaria que terá lugar na Nave de Canaima no Camiño de Basanta s/n as 11:30h.

Orde do día
  1. Solicitude/confirmación de Socios, xestión, cuota, etc.
  2. Necesidades formativas. Diferentes opcións.
  3. Información sobre o "I Encontro de Torneiros da Madeira Virutas".
  4. Outros temas de interese.
  5. Dudas/aclaracións sobre torneado.
Hora de remate: 14:00h.
Entrada libre. Estades invitados todos os que vos apeteza asistir.
Nota: Con posterioridade a esta xuntanza soio se convocará os asociados.

Unha aperta,
Adolfo Mira.
Presidente de ATM Virutas. 

xoves, 8 de setembro de 2016

XVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira

Os vindeiros 23, 24 e 25 de Setembro terá lugar en Xermade (Lugo) o XVI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira. Estarán presentes torneiros da nosa Asociación. Deixámosvos a continuación o cartel das xornadas que fai de ligazón ca web onde figura o programa completo cos horarios e os contidos.


 Calendario, horarios e contidos 2016


luns, 29 de agosto de 2016

Convocada a Xunta Directiva de "ATMVirutas" o vindeiro 30 de Agosto

O vindeiro Martes 30 de Agosto as 20:15h terá lugar una xuntanza da Xunta Directiva da Asociación de Torneiros da Madeira "Virutas" na que quedan convocados os membros da mesma co seguinte

Orde do día
  • Alta de novos asociados.
  • Preparación do "I Encontro de Torneiros da Madeira".
A xuntanza terá lugar nas instalacións cedidas por Ferretería Canaima no Camiño de Basanta s/n. Contamos coa vosa asistencia. ¡Grazas de antemán!

xoves, 28 de xullo de 2016

Nosa asociación presente no "Oenach Atlántico 2016" en Sedes



Oenach Atlántico de Sedes alcanza este ano a súa décimo oitava edición, que se trata dunha Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014. 

Os veciños de Sedes tratan de manter en pé esta celebración coa que se aposta por recuperar e dar a coñecer a tradición e cultura galegas entre a veciñanza e os visitantes.
 
O programa do Oenach comezará o día 29 ás 21.00 horas, coa recreación do renacemento do Lume Novo Solsticial na Aldea Castrexa, na zona das pallozas localizadas no Trece. Esta actividade permitirá inaugurar oficialmente o evento, cun prendido de lume e a lectura dun texto que marcan cada ano o inicio do Oenach. Ás 22.00 horas terá lugar un concerto a cargo do grupo galego de cantareiras e pandereteiras Leilía no marco da Noite de Música Galiciana.
 
Algúns dos nosos asociados estarán "facendo virutas" os días 30 e 31 a partires das 11 da mañá.

venres, 8 de xullo de 2016

Oenach Atlántico Sedes 2016


Do 29 ao 31 de Xullo Sedes celebrará unha das súas citas culturais más importantes: o Oenach Atlántico 2016. A XVIII edición desta Festa de Interese Turístico de Galicia contará cun completo e variado programa de actividades con teatro, música tradicional galega e varios obradoiros. ATMVirutas estará presente neles.

O programa comezará o día 29, ás 21:00 horas, coa recreación do renacemento do Lume Novo Solsticial na Aldea Castrexa, na zona das pallozas localizadas no Trece. O evento inaugurarase cun prendido de lume e a lectura dun texto que marcan cada ano o inicio do Oenach. Ás 22:00 horas terá lugar un concerto a cargo do grupo de cantareiras e pandereteiras Leilía.

Na xornada do 30 de Xullo na Campa castrexa abrirá o Mercadiño artesán e tamén se poderán ver unha Mostra de artesanía de cerámica e haberá demostracións en vivo de artesáns elaborando distintos produtos na área da campa.

martes, 5 de xullo de 2016

As pasadas "Xornadas Formativas" en imaxes

Como xa vos comentamos no anterior artigo, o pasado xoves 30 de Xuño e sábado 2 de Xullo tiveron lugar, nas instalacións cedidas por Canaima, as primeiras "Xornadas Formativas" de torneado de madeira. Deixámosvos a continuación unha reportaxe gráfica de como discorreron ditas xornadas da man do mestre Adolfo Mira.

Comenzamos a xornada cunha parte teórica
Nun ambiente distendido e participativo

Facendo as primeiras virutas...
Sempre tomando a seguridade como algo primordial

Gran acollida por parte dos asistentes

mércores, 29 de xuño de 2016

Xoves 30 de Xuño e Sábado 2 de Xullo: "Xornadas Formativas de Torneado"

Os vindeiros Xoves 30 de Xuño e Sábado 2 de Xullo teremos senllas "Xornadas Formativas de Torneado". Ditas sesións serán impartidas polo mestre Adolfo Mira. Para máis información non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do apartado de contacto ou preguntando en CANAIMA.

luns, 27 de xuño de 2016

Gran éxito de participación na "I FESTA DO XOGO"

O Parque de Freixeiro acolleu, o pasado sábado, a I Festa do Xogo organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón. A convocatoria, estivo dirixida aos nenos e ás súas familias e desenvolveuse entre as 17 e as 20 horas cun completo programa de actos lúdicos e didácticos.

A nosa Asociación participou activamente na convocatoria, cunha mostra de pezas de madeira e a construción, durante a tarde, de peóns, billardas e birlos ao canteiro, con torno e machada. Os máis pequenos poideron levar de agasallo algunha das pezas que fixemos durante a xornada. Deixámosvos un resumo en imaxes da nosa participación.


venres, 17 de xuño de 2016

Sábado 25 de Xuño estaremos na "I FESTA DO XOGO"

O Sábado 25 de Xuño estaremos na "I Festa do Xogo", organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón, no parque de Freixeiro.O horario derá de 17 a 20h. Os deixamos unha imaxe co programa de actos.



luns, 13 de xuño de 2016

Resumo da nosa estancia no V Encontro Interxeracional de Narón

Os deixamos un resumo en imaxes da nosa participación na V Edición do Encontro Interxeracional Municipal. Desenvólveuse desde as 11.00 horas da mañá deste domingo na zona do paseo marítimo de Xuvia, en Narón. Un milleiro de veciños e veciñas das diferentes parroquias e barrios de Narón secundaron esta tradicional cita, na que se programaron varias actividades festivas. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, acudiron á convocatoria xunto con representantes dos grupos da corporación local e agradeceron a participación dos diferentes colectivos e dos particulares.

 

mércores, 8 de xuño de 2016

Domingo 12 de Xuño estaremos no "V Encontro Interxeracional do Concello de Narón"


Como xa sabedes o próximo domingo 12 de Xuño estaremos presentes  na "V Edición do Encontro Interxeracional Municipal do Concello de Narón". Terá lugar no Paseo Marítimo de Xuvia,  en horario de 11 a 14h e de 16 a 19h. Durante a xornada haberá xogos, inchables infantís, exposicións e demostracións en vivo de artesanía.

Programa da xornada
11:00h - Chegada dos participantes.
11:15h - Demostración de actividades.
13:30h - Agradecementos.
14:00h - Tempo para xantar.
16:00h - Baile.
17:30h - Demostración de actividades. 
18:00h - Baile.
19:30h - Regreso.

Máis información na seguinte ligazón.

luns, 6 de xuño de 2016

Sábado 4 de Xuño. Obradoiros abertos en imaxes

Como xa vos fomos anunciando, desde hai unhas semanas, este sábado estivemos presentes nos "Obradoiros Abertos" organizados pola "Asociacion de Amigos da Madeira de As Pontes" na sala Hexágono. 
Foi unha magnifica xornada na que compartimos experiencias e recibimos a calor do público que nos visitou. ¡Grazas de novo amigos por convidarnos! E como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí deixámosvos un resumo gráfico do acontecido ao longo do día.